top of page

Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata

A Xunta acometeu a rehabilitación realizada na ponte histórica de Pontenoufe de Lalín e está a rematar a construción dunha pasarela elevada sobre a N-525


Laura Moure/Lalín

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, aproveitou unha visita ao concello de Lalín para supervisar as últimas actuacións do seu departamento neste municipio relacionadas coa seguridade dos peregrinos do Camiño de Santiago. En concreto, Xosé Merelles visitou dúas actuacións clave no Camiño Mozárabe-Vía da Prata, que teñen como obxectivo avanzar na mellora da seguridade, a conservación patrimonial e a calidade da experiencia dos peregrinos de cara ao Xacobeo 2027.

Entre elas destacou a rehabilitación integral da ponte histórica de Pontenoufe, unha intervención na que Turismo de Galicia investiu máis de 156.000 euros. Esta actuación permitiu solucionar os desperfectos derivados do paso do tempo e do uso, mediante a recuperación da canle do río, a consolidación estrutural dos arcos, a eliminación de elementos alleos que alteraban a súa orixinalidade e a renovación dos pavimentos e accesos, incorporando materiais respectuosos co valor histórico do conxunto.


O director de Turismo de Galicia puxo en valor esta intervención sinalando que “estamos a actuar sobre elementos clave do noso patrimonio para garantir a súa conservación e, ao mesmo tempo, mellorar a seguridade e a experiencia dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago cada ano”. Ademais, destacou que “contribúen a reforzar a diversificación dos fluxos de peregrinos, en liña coa nosa estratexia para potenciar rutas como o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, que en 2025 rexistrou máis de 8.800 peregrinos”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Durante a visita tamén se supervisou outra das actuacións estratéxicas en marcha neste itinerario: a construción dunha pasarela elevada sobre a N-525, cun investimento de máis de 355.000 euros e que estará a disposición dos peregrinos este verán. Trátase da primeira infraestrutura destas características nun Camiño de Santiago e permitirá mellorar de maneira significativa a seguridade viaria dos peregrinos nun dos puntos máis sensibles do percorrido. Está previsto que a estrutura metálica quede instalada proximamente.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Neste contexto, o director de Turismo de Galicia subliñou que actuacións coma esta súmanse ao “ambicioso plan de mellora da seguridade viaria dos Camiños de Santiago, que conta cun investimento global de 40 millóns de euros para actuar en máis de 150 quilómetros de nove itinerarios xacobeos”. Así mesmo, engadiu que “o noso compromiso é que o Xacobeo 2027 conte cunha rede de camiños máis segura, accesible e sostible, que permita seguir consolidando Galicia como destino de referencia internacional para o turismo”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page