Turismo de Galicia impulsa a II Marcha EuroVelo Compostela que pasa por Touro, Arzúa e O Pino
- ecosdacomarca

- 28 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá no corte de cinta da saída da II Marcha EuroVelo Compostela onde destacou que iniciativas como esta contribúen a consolidar Galicia como un destino de turismo deportivo e sostible, ao combinar a práctica da bicicleta coa riqueza patrimonial do Camino de Santiago e cun modelo de turismo slow.
Neste sentido, lembrou que a sustentabilidade é un dos piares da estratexia turística da Xunta, que traballa para reforzar o recoñecemento internacional de Galicia como exemplo de turismo responsable e de calidade. Ademais, destacou os dous roteiros da Rede Eurovelo que percorren a xeografía galega e que teñen en Fisterra a súa meta.
PUBLICIDADE
Segundo sinalou, esta infraestrutura permite impulsar un produto turístico con gran potencial de crecemento, favorecer a mobilidade sostible e dinamizar economicamente os territorios polos que discorren os roteiros, nun contexto no que o turismo deportivo xa supera os 31 millóns de euros de gasto anual en Galicia.
PUBLICIDADE
Esta marcha pasou polos concellos de -Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Arzúa e O Pino.








Comentarios