top of page

Tres persoas feridas, dúas delas de carácter grave, nun accidente de tráfico en Forcarei

Ecos da Comarca/Xeral

Tres persoas resultaron feridas, dúas delas de carácter grave, tras un accidente de tráfico rexistrado na tarde de hoxe no concello de Forcarei.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O sinistro produciuse na estrada N-541, á altura do quilómetro 58, ao seu paso pola parroquia de Ventoxo. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia ao redor das 18:30 horas, indicando que se trataba dunha colisión frontal entre dous vehículos e que había persoas feridas, algunha delas posiblemente atrapada.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Deza, ao GES da Estrada e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Unha vez no lugar, confirmouse que non había persoas atrapadas no interior dos vehículos. Con todo, tres persoas precisaron ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia, dúas delas con prognóstico grave.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page