top of page

Catro persoas falecidas nas últimas horas en accidentes de tráfico

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

As últimas horas foron tráxicas nas estradas galegas, xa que se rexistraron catro accidentes de tráfico que se saldaron con catro persoas falecidas. Tal e como informa o 112 Galicia ocorreron en Vigo, Carballo, Curtis e Ordes.


As autoridades policiais investigan as causas dun accidente, que deixou unha persoa falecida en Vigo. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o vehículo bateu contra o muro dunha casa no Camiño de Campelos, en Sárdoma, Vigo.


Pasaban uns minutos das tres da tarde de onte cando unha persoa chamou ao 112 para avisar dun accidente. Este mesmo alertador indicou que o condutor do coche parecía estar falecido. Unha información que pouco despois confirmaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que sen poder aclarar as circunstancias. Por iso, ademais dos axentes da Policía Local, foron avisados os axentes da Nacional. Para a atención desta accidente prescindiuse do servizo de bombeiros, xa que a vítima estaba liberada e accesible. 


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Horas despois producíanse os accidentes de Carballo e Curtis. Primeiro produciuse un accidente cun tractor implicado en Carballo e, máis tarde, unha saída de vía en Curtis.


As primeras informacións sobre o suceso de Carballo chegaron, despois das sete da tarde, ao 112 Galicia a través das chamadas de familiares, alarmados polo envorco do tractor que conducía o pai. Sabían que estaba atrapadado debaixo do vehículo e así llo fixeron saber aos operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. Con estes datos, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios, como os Bombeiros de Carballo e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Por suposto, tamén foron avisados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes de Garda Civil e a Policía Local.

A furgoneta implicada no accidente co tractor en Carballo. Autor: Prensa Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña
A furgoneta implicada no accidente co tractor en Carballo. Autor: Prensa Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña

Con todo, nada puido facerse polo señor, que resultou falecido e, ademais, atrapado baixo o tractor. A familia asegurou que o vehículo envorcara e, máis tarde, os Bombeiros de Carballo engadiron que o accidente producírase na estrada e había, a mayores, un turismo implicado.  Todo sucedeu na parroquia de Vilela, en Carballo.


Máis tarde, ás 20:30 horas, outro accidente se rexistraba no 112 Galicia, agora en Curtis, que resultou ser a terceira vítima mortal das últimas horas.  Neste caso, tratouse da saída de vía do vehículo que conducía a vítima. Os equipos de emerxencias apuntan a que puido sufrir unha indisposición previa que lle fixo perder o control do coche. 


Inicialmente, pensouse que o condutor estaba atrapado dentro, pero descartouse empregar os equipos de excarceración debido a que a persoa estaba liberada e accesible. 


Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trataron reiteradamente a reanimación, aínda que sen éxito. Ademais dos sanitarios, acudiron ao lugar dos feitos os membros do GES de Curtis e ían en camiño os Bombeiros de Betanzos, aínda que xa non eran necesarios.


ACTUALIZACIÓN: Uns minutos antes das 11 horas deste venres Axega informou dun novo condutor falecido nun accidente na N-550 en Leira (Ordes). "A vítima quedou atrapada no vehículo tras saírse da vía. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Betanzos, Policía Local, @guardiacivil de Tráfico", sinala o 112.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page