top of page

Transportes mellorá as instalacións das peaxes da AP-53 en Lalín e en Vedra

Haberá cortes de tráfico alternativos na calzada dereita e esquerda xa dende este luns


Laura Moure/Lalín

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, a través da sociedade concesionaria ACEGA, levará a cabo a instalación de dous pórticos de peche de orixe de peaxe en dous puntos da autoestrada AP- 53: por unha banda, no quilómetro 11,565, concretamente na calzada dereita xunto á praza de peaxe de Vedra (A Coruña); e, doutra banda, no quilómetro 34,305, na calzada esquerda xunto á praza de peaxe de Ponte, en Lalín (Pontevedra).

Por iso, e en aras de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, desde este luns 9 de marzo ás 23:00 horas e, previsiblemente, ata o mércores 18 de marzo ás 7:00 horas, produciranse as seguintes afectacións ao tráfico na AP-53:

-Corte da calzada sentido Ourense (dereita) entre o km 1,95 e o 15.

-Corte da calzada sentido A Coruña (esquerda) entre o km 42,24 e 33,30.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os cortes produciranse de luns a venres e en horario nocturno de 23:00 horas a 7:00 horas. Non se producirán cortes os días festivos e en ningún caso se executarán os cortes de calzada dereita e esquerda de maneira simultánea.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Para asegurar a fluidez do tráfico durante as devanditas afectacións habilitarase un itinerario alternativo debidamente sinalizado para cada sentido de circulación a través da N-525.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page