top of page

Touro volve descubrir o seu patrimonio oculto cunha nova xornada de visitas o sábado 17 de outubro

hace 23 minutos
1 min de lectura

É necesario inscribirse previamente porque hai prazas limitadas


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro celebrará o 17 de outubro unha nova edición da xornada “Patrimonio Oculto”, unha iniciativa que nace coa intención de poñer en valor lugares singulares do municipio que, ben pola súa natureza privada ou polas súas características, non son habitualmente visitables ou permanecen descoñecidos para boa parte da veciñanza.

A proposta está inspirada nas coñecidas xornadas de Patrimonio Oculto de Compostela, nas que os participantes teñen a oportunidade de coñecer espazos e elementos patrimoniais habitualmente pechados ao público.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tras o éxito da primeira edición celebrada en Touro, a iniciativa regresa cun percorrido en autobús por diferentes puntos de interese patrimonial do municipio. Durante a xornada, as persoas participantes poderán descubrir lugares, historias e elementos do patrimonio local desde unha perspectiva diferente.

“O obxectivo é que os propios veciños e veciñas poidan descubrir un patrimonio que moitas veces temos ao lado da casa e que non coñecemos”, sinala o concelleiro de Patrimonio, Darío Rey, que destaca tamén a excelente acollida da primeira edición.

As prazas son limitadas e o ano pasado esgotáronse rapidamente, polo que desde o Concello animan ás persoas interesadas a inscribirse canto antes. As inscricións estarán abertas ata o 14 de outubro, enviando os datos ao correo electrónico turismo@concellodetouro.gal

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A xornada pretende consolidarse así como unha actividade para coñecer, divulgar e valorar o patrimonio cultural de Touro, achegándoo á cidadanía dun xeito diferente, participativo e próximo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page