top of page

Touro recepciona un traballo que afonda na existencia dunha variante histórica do Camiño

Trátase dun vial que une a parroquia de Burres en Arzúa con Arca no Pino, e que cruza por lugares do concello de Touro como Forte, Oca de abaixo, Laña de abaixo ou Quión


Ecos da Comarca/Touro

O alcalde de Touro, Roberto Castro, xunto con membros do equipo de Goberno do Concello de Touro puideron recepcionar e valorar o traballo realizado pola firma Edicón Consultores que fixeron para estudar as posibilidades de que unha variante do Camiño Francés de Santiago que atravesa o Concello sexa oficializada como tal. No estudo refrendado por historiadores, faise fincapé en numerosos vestixios históricos, xeográficos e toponímicos que reflexan a existencia desta nova vía e o seu emprego por parte dos peregrinos para variar a súa ruta sobre todo nos meses fríos, buscando por este desvío do Camiño orixinal unha orografía máis apta para o camiñante antes as inclemencias invernais.

ree

Esta variante iniciaríase na parroquia de Burres en Arzúa e voltaría a entroncar no Camiño Francés na localidade de Arca en O Pino, tendo importantes tramos no Concello de Touro. Vestixios como numerosas capelas asociadas ao Cabildo de Santiago, toponimia referente a lugares de paso de arrieiros, a existencia de fontes auga de abastecemento, ou romarías asociadas a santorais vinculados ao camiño, son algúns dos vestixios existentes aínda na actualidade, e destacase sobre todo o feito de que entre a súa toponimia existen referencias a San Sadurdiño (San Saturnino de Tolosa) reverenciado na Francia precursora do Camiño Compostelá, e mesmo a existencia do lugar de O Cebreiro ao igual que a localidade que da entrada ao Camiño en Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta mostra foron estudados documentos do arquivos históricos, e fíxose unha gran pescuda na “Carta Xeométrica” de Galicia de Domingo Fontán do século XIX, e dos apuntes da zona do Catastro do Marques da Ensenada do século XVIII. Neles púidose ver a importancia desta ruta histórica empregada por arrieiros e camiñantes con entronques no Camiño Francés, e variantes de desprazamento cara a zonas da Ulla, unha ruta que en numerosas ocasións se fai coincidente con posibles calzadas romanas (das cales aínda existe empedrado). O Estudo indica que esta variante ben puidera ser un cruce vital de camiños que unía as Terras do Deza, Lugo e as correspondentes ao control do Cabildo de Compostela.


O alcalde de Touro, Roberto Castro, indicou a importancia deste estudo que demostra a existencia dunha ruta empregada polos camiñantes e peregrinos e que ben puidera ser obxecto dun traballo de delimitación e demarcación que rematará logo dos trámites oportunos no recoñecemento oficial da variante.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Castro indica que este traballo debería ser o inicio dunha estratexia de traballo que fora na liña de acadar o recoñecemento de variante do Camiño Francés, ou cando menos de Ruta Xacobea a esta vía, aspecto que podería ser vital para a potenciar o desenvolvemento económico do territorio. O rexedor define este traballo como “o primeiro paso importante” para poñer a historia de Touro no seu sitio, que non é outro que un concello de gran importancia para aqueles que tiñan a tumba do Apóstolo Santiago como meta.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page