Touro pretende rehabilitar a antiga vivenda do profesorado da escola de Vilar
- ecosdacomarca

- hace 6 minutos
- 1 Min. de lectura
O obxectivo é destinala ao aluguer social
Ecos da Comarca/Touro
O goberno municipal de Touro vén de presentar un proxecto para concorrer a unha axuda da Xunta de Galicia co obxectivo de rehabilitar a antiga vivenda do profesorado da escola de Vilar e destinala ao aluguer social.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Esta actuación dá continuidade ao pacto de goberno asinado polo alcalde Jesús Reboredo e o concelleiro Darío Rey, no que a vivenda social é unha das liñas prioritarias.
Cómpre lembrar que o goberno local acaba de incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación a reconversión da antiga escola das Goritas nunha vivenda municipal para aluguer social, reforzando a creación de vivenda pública no concello.
Publicidade
O obxectivo é ampliar o parque municipal de vivenda e ofrecer alternativas reais ás familias que queren vivir no concello.







Comentarios