top of page

Touro, O Pino, Lalín, Silleda, Cruces e Antas instalarán hoxe pantallas xigantes para seguir a final do Mundial

Laura Moure/Xeral

A paixón polo fútbol volverá reunir a centos de afeccionados nas prazas e espazos públicos das comarcas este domingo. Con motivo da gran final do Mundial, na que a selección española se enfrontará a Arxentina, varios Concellos optaron por instalar pantallas xigantes para que a veciñanza poida seguir o encontro nun ambiente festivo e compartido. O partido é hoxe, domingo 19 de xullo, ás 21 horas.

A pantalla xigante de Lalín xa está instalada.
A pantalla xigante de Lalín xa está instalada.

A iniciativa permitirá que familias, amigos e afeccionados vivan xuntos un dos partidos máis agardados do campionato, convertendo diferentes puntos dos municipios en auténticos lugares de encontro para animar á selección española.


Entre os concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa que xa anunciaron a instalación destas pantallas atópanse:


COMARCA DE ARZÚA:

  • Touro: A pantalla de 4x 2 metros estará ubicada na rúa Eduardo Pondal en fronte da Peluquería Bego e haberá cadeiras.

  • O Pino: A pantalla xigante estará na Praza do Concello e haberá animación musical cun DJ antes e despois do partido desde as 20:00 e ata as 00:00 horas

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

COMARCA DE DEZA:

  • Lalín: O escenario elixido é a Praza de Galicia, ao carón do Consistorio. Tamén haberá animación musical de DJ Pacheco e postos gastronómicos. As persoas que non queiran sentar no céspede ou estar de pé poden traer a súa cadeira.

  • Silleda: A pantalla estará colocada na praza Siñor Afranio, diante do Concello

  • Vila de Cruces: Instalarase unha pantalla xigante, de 3x5 metros, na Praza do Concello, pero ás 19:00 horas, haberá xa unha previa para ir quentando motores con

    música e moito ambiente.


COMARCA DA ULLOA:

  • Antas de Ulla: Celebrará o San Cristovo este domingo e pola noite podera verse o fútbol dende unha pantalla xigante no campo da festa e despois continuará coa verbena.


Estes son os municipios que o anunciaron a través das súas redes sociais ou directamente aos medios de comunicación, pero tamén outros poderían sumarse á iniciativa nas próximas horas, polo que estade atentos ás súas redes sociais!

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Os gobernos locais animan á cidadanía a participar nesta cita deportiva, que promete congregar a un gran número de persoas para apoiar á selección española nunha final histórica fronte ao combinado arxentino.


O ambiente festivo, a emoción e o seguimento colectivo do encontro converterán a tarde do domingo nunha auténtica celebración do deporte, coa esperanza de ver a España proclamarse campioa do mundo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page