top of page

Touro creará unha praza na zona da igrexa e mellorará a accesibilidade do campo da festa de Fonte Díaz

O Concello solicitou unha axuda á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para poder levar a cabo esta actuación


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro solicitou unha axuda á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para mellorar a accesibilidade do campo da festa de Fonte Díaz. “O obxectivo é crear unha praza e mellorar toda a contorna da igrexa e do campo da festa”, explica o Concello. A actuación céntrase fundamentalmente na reordenación do acceso principal ao recinto, mellorando a rampla existente e xerando unha solución de transición entre cotas que permita un acceso universal e, ao mesmo tempo, a creación dun espazo de estancia e convivencia para os usuarios.

En primeiro lugar, procédese á ampliación da rampla existente, incrementando a súa anchura para darlle unha maior presenza e relevancia dentro do conxunto do acceso. Esta intervención permitirá un uso máis cómodo, seguro e inclusivo por parte de todos os usuarios, mellorando as condicións de tránsito peonil.


En segundo lugar, redúcese a pendente da rampla, adaptándoa ao trazado e ás inclinacións máximas establecidas pola normativa de accesibilidade para espazos públicos urbanizados. Para resolver a diferenza de cota existente, proxéctanse un graderío realizado con terra natural debidamente compactada e acabados integrados na paisaxe, que permitirán salvar o desnivel existente.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A intervención complétase coa adecuación do pavimento, a integración paisaxística do conxunto e a mellora da continuidade dos itinerarios peonís, garantindo condicións óptimas de seguridade, confort e accesibilidade. Así mesmo, a adaptación da rampla de acceso proxéctase respectando a posición da árbore existente, garantindo a súa conservación.


Tamén se contempla o traslado da fonte existente a unha nova localización dentro do ámbito de actuación, mellorando a súa accesibilidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Finalmente, procederase á substitución e recolocación dos bancos. Adicionalmente, proxéctase a instalación eléctrica para o balizamento integrado en pavimento, co fin de reforzar a seguridade e a lectura nocturna do itinerario accesible e das zonas de tránsito existente.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page