top of page

Touro celebra o 13 de febreiro o festival Ulla Fest: Tempos de Entroido

Con entrada gratuíta, o gran protagonista desta edición será Dirty Suc


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro organiza o festival Ulla Fest: Tempos de Entroido que celebrará a súa III edición o vindeiro 13 de febreiro, en pleno Entroido de Touro, cun novo formato que reforza a súa ambición de converterse nun festival de referencia durante o Entroido en Galicia. Aproveitando a forte tradición do Entroido en Touro e a súa proximidade a Santiago de Compostela, o Ulla Fest consolídase como unha cita estratéxica para gozar da música en directo nun ambiente festivo e participativo.

O gran protagonista desta edición será Dirty Suc, que exercerá como cabeza de cartel nun dos mellores momentos da súa carreira. O artista chega ao festival cun directo intenso e auténtico, no que presentará o seu novo traballo sen esquecer os temas que o converteron nunha referencia da escena urbana actual.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Con centos de miles de oíntes mensuais en Spotify e unha xira que percorre cidades como Oviedo, Barcelona, Valencia ou Madrid, Dirty Suc garante un concerto potente e de gran conexión co público. No seu repertorio non faltan colaboracións con artistas como Hard GZ, Alsafir ou 9louro.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Xunto a el, o Ulla Fest 2026 contará cun cartel no que destacan Willow GHZ, Lil Sam, MOVINFAST, DJ Capy, Kike Varela e Lg1do, considerado o artista urbano revelación do que levamos de 2026, configurando unha programación diversa e actual.


O festival celebrarase nunha carpa climatizada situada no Campo da Festa de Fonte Díaz, en pleno centro de Touro, e contará con entrada gratuíta, formando parte das actividades centrais da programación do Entroido.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O deseño do cartel é unha homenaxe aos Xenerais da Ulla.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page