top of page

Touro acollerá o 22 de outubro a VIII Carreira Pedestre

O prazo de inscrición remanta o 20 de outubro e será gratuíta para as categoría escolares


Ecos da Comarca/Touro

A VIII Carreira Pedestre Concello de Touro disputarase o 22 de outubro a partir das cinco da tarde. O prazo de inscrición rematará o 20 de outubro ás 23:59 horas. Será gratuíta para as categorías escolares, mentres que a proba absoluta terá un custe de cinco euros. Haberá, tal e como informa o Concello, un agasallo para todos os participantes.

Os interesados poden obter máis información na seguinte imaxe:

Así mesmo, quen queira inscribirse pode facelo a través do seguinte enlace: https://eventos.emesports.es/inscripcion/viii-carreira-pedestre-popular-concello-de-touro/inscripcion_datos/?lang=es

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page