top of page

Touro acollerá a 3ª Papanoelada Moteira o sábado 20 de decembro

É unha cita solidaria organizada polo Motoclub Motouro coa colaboración do Concello


Ecos da Comarca/Touro

O sábado 20 de decembro, Touro acollerá a 3ª Papanoelada Moteira, organizada polo Motoclub Motouro coa colaboración do Concello. Como cada ano será un evento solidario e este xoves foi presentado no consistorio.

ree

A cita moteira comezará ás 15:30 horas coa recollida de alimentos non perecedoiros

e a ruta arrancará ás 16 horas dende o campo da festa de Fonte Díaz. A organización recalca que é imprescindible vir disfrazado de Papá Noel.


Haberá chocolatada, premios e sorteos. En concreto, Manuel Calvo, membro da organización sinala que repartiranse 3 premios para as motos mellor adornadas e

que na iniciativa solidaria pode contribuír tanto os participantes como todo a xente

en xeral que se acerque a desfrutar desta cita, entrando no sorteo de cestas de

Nadal.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cabe mencionar que ese mesmo día, na carpa situada en Fonte Díaz, haberá un espectáculo e a visita de Papá Noel, organizados polo Concello. Así ás 18 horas arrancará o espectáculo Moto Papi unha troula con Noel e unha hora despois, chegará a Touro Papá Noel.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Polo tanto, tanto o Concello como Motouro convidan a asistir a esta cita e desfrutar das motos e do espíritu navideño.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page