Touro abrirá o prazo de inscricións para as actividades deportivas de adultos e cativos o día 11
- Laura Moure

- 3 sept 2023
- 2 Min. de lectura
A isto sumarase a inminente apertura do ximnasio municipal que contará con novo equipamento e cun sistema dixitalizado de reservas que permitirá a apertura de luns a domingo
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro abrirá o prazo de inscricións para as actividades deportivas de adultos e para os cativos o luns 11 de setembro. Ofértanse distintas disciplinas e ademais haberá máis dunha novidade.
No caso de adultos, a oferta incluirá pilates, zumba e como novidade acondicionamento físico. Esta última inclúe a rutina de exercicios GAP (Exercicios de glúteos, abdominales e pernas).

A isto sumarase a inminente apertura do ximnasio municipal que contará con novo equipamento e cun sistema dixitalizado de reservas que permitirá a apertura de luns a domingo en horario de 7:00 a 00:00 horas. Para ofrecer un mellor servizo, o Concello tamén contratará a un técnico especializado que terá como labor asesorar aos usuarios que o precisen nas rutinas de exercicios. Acudirá dúas veces ao mes cun horario fixo de atención.
Publicidade
En canto ás actividades deportivas para os cativos, o prazo de inscrición tamén comezará o luns 11 de setembro. Judo, multideporte, patinaxe e baile moderno (con xornadas de iniciación ao ballet e ximnasia rítmica) serán as modalidades que ofertará o Concello.
Multideporte servirá como un laboratorio de probas para nun futuro próximo estudar a posibilidade de crear novos equipos nas modalidades que teñan máis aceptación. Publicarase unha temporalización de actividades por trimestre que recollerá os deportes que se desenvolverán semana a semana e que serán impartidos por profesionais especializados. Ao longo do curso prevese a visita de deportistas e clubs que servirán como reclamo para fomentar o deporte de base.
Publicidade
O resto de actividades culturais/ extraescolares abrirán as incricións nas mesmas datas. En breve serán anunciadas.








Comentarios