Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Toques organiza e financia actividades extraescolares

O prazo para anotarse nas deportivas e culturais remata o 28 de setembro


Laura Moure/Toques

Un ano máis, en estreita relación co CEIP de Toques e co obxectivo de apoiar incondicionalmente ás familias, o Concello de Toques organiza e financia actividades na escola en horario de 15:30 a 16:30 horas.


No CEIP de Toques, este curso impartiranse tres horas de ioga para os máis pequenos, dúas horas de informática para os maiores e unha actividade que mestura música e baile para os primeiros cursos de primaria.


Ademais, está aberto o prazo para a inscrición en actividades dentro do Programa de Escolas Deportivas e Culturais, tales como fútbol sala, tenis, patinaxe, bádminton, atletismo e manualidades para os pequenos e informática, pilates, ximnasia de mantenemento, tenis, taller de memoria e manualidades para adultos.


En canto ás actividades deportivas e culturais:


  1. O prazo de inscrición estará aberto desde o 23 ao 28 de setembro de 2021, en horario de 9:00 a 14:00. Para formalizar a inscrición nestas actividades é necesario acercarse ao concello para tramitar a solicitude.

  2. Por motivos sanitarios e de aforo, a aceptación de solicitudes realizarase por orde de inscrición, ata cubrir as prazas. Ademais, as actividades están suxeitas a un número mínimo e máximo de participantes para garantir un bo funcionamento.

  3. Para as actividades dirixidas aos menores de idade, terán preferencia os nenos e nenas matriculados no CEIP de Toques e os empadroados no Concello de Toques.

  4. Os usuarios maiores de idade, no caso de actividades suxeitas a taxas municipais, será necesario realizar un aboamento no banco para formalizar a inscrición.

  5. Os usuarios menores de idade non teñen que realizar ningún tipo de aboamento, isto é, as actividades son gratuitas.

  6. Os horarios así como as actividades poden sufrir cambios.

  7. As actividades culturais levaranse a cabo no Edificio Multiusos e na Aula da Natureza.

  8. As actividades deportivas terán lugar no Pavillón Polideportivo e na Aula da Natureza.

O formulario de solicitude pode descargarse no seguinte enlace:


34 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE