top of page

Todas as aves de curral que se crían ao aire libre quedan confinadas en toda España

Trátase dunha nova medida preventiva de reforzo ante o aumento do risco de expansión da influenza aviaria


Laura Moure/Xeral

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación decretou o confinamento, a partir de hoxe, xoves 13 de novembro 2025, de todas as aves de curral que se crían ao aire libre en España. Trátase dun reforzo das medidas preventivas fronte á influenza aviaria ante o aumento do risco de expansión desta enfermidade altamente infecciosa.


A orde ministerial, publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado, estende a todas as granxas avícolas, incluídas as explotacións ecolóxicas e as de autoconsumo ou as que produzan carne ou ovos para a súa venda directa ao consumidor, a prohibición de que os animais permanezan ao aire libre que xa rexía desde o pasado luns, día 10, para as zonas consideradas de especial risco e especial vixilancia, 1.201 municipios.

ree

A medida tómase tras a elevación do risco da entrada da enfermidade en España na última semana. Para avaliar este risco téñense en consideración factores como o número de focos notificados en Europa, os puntos nos que se localizan e os movementos de aves silvestres desde zonas de risco no continente. En España constatouse unha abundancia de aves migratorias en zonas de humidais, habitual nesta época do ano. Ademais, o descenso das temperaturas é un factor que facilita a supervivencia do virus. As medidas de confinamento tratan de evitar o contacto das aves de curral coas migratorias que poden ser portadoras do virus.


Desde o mes de xullo notificáronse 139 brotes de influenza aviaria en granxas avícolas de Europa. En España producíronse 14 focos en explotacións, a metade deles en Castela e León, ademais de 53 en aves silvestres e 5 en cautivo.


A orde publicada hoxe inclúe ademais as seguintes medidas:

  • Queda prohibida a cría de patos e gansos con outras especies de aves de curral

  • Queda prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos da os que poidan acceder aves silvestres, salvo no caso de que sexa tratada a fin de garantir a inactivación de posibles virus de influenza aviar.

  • Os depósitos de auga situados no exterior requiridos por motivos de benestar animal para determinadas aves de curral quedarán protexidos suficientemente contra as aves acuáticas silvestres.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.
  • Queda prohibida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves en cautivo nos centros de concentración de animais, incluídos os certames os certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, así como calquera concentración de aves de curral ou outro tipo de aves en cautiverio.

  •  Nos casos nos que non fose posible o confinamento das aves de curral, a autoridade competente das comunidades autónomas poderá autorizar o mantemento da mesmas ao aire libre mediante a colocación de teas paxareiras ou calquera outro dispositivo que impida a entrada de aves silvestres. Neste caso, as aves terán que alimentarse e abeberarse no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos e a auga destinados ás de curral.


    Hai dispoñible máis información sobre a influenza aviaria (ficha da enfermidade ou as últimas notificacións) nesta ligazón.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page