top of page

Tecnoloxía, intelixencia artificial e lecer dixital únense de novo do 9 ao 11 de outubro na XGN Intermax 2026

A cita será na Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda


Laura Moure/Silleda

A XGN Intermax volverá unir as novas tecnoloxías, a informática e o lecer dixital do 9 ao 11 de outubro no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda. Será a 26ª edición desta cita, que é a maior lanparty de Galicia e reúne cada ano a centos de profesionais e afeccionados.

O evento contará coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet. Así, como é habitual, a Intranet, orientada a inscritos, permitirá desfrutar dun posto con conexión de

altas prestacións e dará dereito tanto a acampar como a participar en actividades

exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

En canto á dispoñibilidade destas áreas, a Intranet estará operativa para inscritos desde o día 9 ata o 11 outubro á primeira hora da tarde, aínda que poderán acceder xa ao recinto o día 8 ás 16:00 horas na chamada preparty. Respecto á Extranet, poderase acceder o 9 e 10 de outubro de 10:00 a 20:00 horas, de forma gratuíta.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Formación, aprendizaxe, entretemento e intercambio de ideas uniranse unha vez máis nesta edición, que contará de novo co apoio da Xunta de Galicia, impulsora desta party, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial de Intermax Technology. Grazas a esta compañía tecnolóxica galega, a cal se incorporou ao proxecto en 2024, os participantes poderán navegar por terceira vez a unha velocidade de ata 40 Gbps, o dobre do que se alcanzaba antes da implicación de Intermax Technology no evento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Un programa repleto de experiencias e retos

Esta cita tecnolóxica volverá contado cun programa moi variado tanto para inscritos como para visitantes, con competicións, obradoiros e conferencias centrados en novas tecnoloxías, intelixencia artificial ou gaming. Ademais, haberá interesantes actividades máis aló da pantalla, con divertidas propostas de xogos e deportes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page