top of page

Tamara Soto, con orixes cruceñas, e Tamar Novas, con orixes arzuás, premiados nos Mestre Mateo

13 mar 2023
2 min de lectura

Ambos forman parte da película O corpo aberto que foi o proxecto que máis distincións recibiu nesta edición


Laura Moure/Vila de Cruces/Arzúa

As persoas que forman parte da película O corpo aberto. Fonte: BNG Cruces.

O corpo aberto, de Ángeles Huerta, foi a película máis premiada na gala da 21ª edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, que se celebrou o pasado sábado no Auditorio Municipal de Ourense. E deste proxecto, e que tamén foron premiados por el, forman parte dúas persoas vencelladas coas comarcas. Falamos de Tamara Soto con raíces cruceñas e Tamar Novas, natural de Arzúa.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

"Onte celebráronse os Mestre Mateo. Entre as galardoadas, pola dirección de produción da película do momento, O corpo aberto, atopábase unha muller coas súas raíces na nosa comarca, entre Silleda e Vila de Cruces (Merza)!! Ela é Tamara Soto e queremos parabenizala por este premio!! Parabéns por suposto a todas as demais persoas premiadas do audiovisual galego e á película O corpo aberto como grande triunfadora!!!" facíase eco desta nova o BNG de Vila de Cruces a través das súas redes socias.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Esta película gañou nas categorías de mellor longametraxe, dirección e guión para Ángeles Huerta, que comparte el último galardón con Daniel D. García. Ademais, recoñeceron a interpretación protagonista de Tamar Novas, con orixe arzuá e que foi o pregoeiro da Festa do Queixo de Arzúa celebrada a primeira fin de semana de marzo, e de reparto de Federico Pérez. O corpo aberto ganou tamén os premios ao mellor dirección de arte para Antonio Pereira; dirección de fotografía para Gina Ferrer; dirección de produción para Tamara Soto; maquillaje e peluquería para Raquel Fidalgo, Noé Montes e María Barreiro; mellor música orixinal para Mercedes Peón; mellor son para Diego Staub e Jordi Rossinyol e mellor vestiario para Teresa Sousa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page