top of page

Sobrado organiza un amigo invisible e unha ludoteca durante este Nadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ambas iniciativas forman parte da programación do Concello para estas festas


Laura Moure/Sobrado

O Concello de Sobrado organiza un amigo invisible entre os veciños e unha ludoteca especial de Nadal como parte da programación especial municipal para estas festas. Para ambas iniciativas é necesario inscribirse previamente e na ludoteca hai prazas limitadas.

Primeiro organizarase a quinta edición da iniciativa ‘O Amigo Invisible’, pensada para que participen persoas de todas as idades, desde nenos ata adultos. Celebrarase o domingo 22 de decembro ás 12:00 horas no Mercado municipal de Sobrado. Para participar, basta con inscribirse no Concello de forma presencial ou chamando por teléfono ao 617 39 64 10, ambas as opcións con prazo ata o próximo 12 de decembro. Unha vez peche o prazo, o día 13 de decembro realizarase o sorteo e as persoas participantes recibirán unha mensaxe a través de WhatsApp co nome da persoa á que terán que regalar. Os paquetes teranse que depositar no Concello antes do día 19 de decembro ás 14:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Posteriormente, celebrarase no municipio a Ludoteca de Nadal, unha actividade destinada a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2021. Esta actividade está programada para os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 9:00 a 13:00 horas. Todas as xornadas celebraranse no Mercado municipal de Sobrado. As prazas están limitadas a 15 participantes, polo que será necesario realizar unha inscrición previa antes do 18 de decembro no Concello. As inscricións contan cun prezo de 20 euros por persoa e terán preferencia os empadroados en Sobrado.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page