top of page

Sobrado mellora varios camiños rurais nas parroquias de Roade, Codesoso e Porta

hace 13 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Sobrado

O Concello de Sobrado continúa a desenvolver actuacións de mellora e conservación da rede viaria rural do municipio, con traballos realizados nos últimos días en diferentes puntos.

As intervencións leváronse a cabo no vial da Esgueva cara a Vilariño, na parroquia de Roade, así como nos camiños do Lodeiro, nas parroquias de Codesoso e Porta.


Estas actuacións buscan mellorar o estado dos camiños, facilitar os desprazamentos da veciñanza e favorecer o acceso ás vivendas e explotacións agrícolas e gandeiras.

 PUBLICIDADE

Os traballos están financiados ao abeiro do Plan de Axudas para actuacións en Camiños Rurais 2026-2027 da Xunta de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde o Concello destacan que estas intervencións forman parte do compromiso coa conservación das infraestruturas municipais e coa mellora das comunicacións no rural.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page