Esta localidade acolleu este mes un o taller de cine con rodaxe de película en distintos paraxes do municipio
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O pasado 11 de xullo finalizou o taller de cine con rodaxe de película que tivo lugar en Sobrado dos Monxes. Os responsables do obradoiro, Anna Utrecht e Octavio Lasheras da produtora Abanico Vision Media, impartiron e mesmo e dirixiron a curtametraxe Buscándote, ao alumnado asistente, que ademais de interpretar, aprenderon técnicas de rodaxe, son,cámara, edición...
Contaron tamén coa presenza de Alejandra Grepi, Uxía Blanco e José Aguilar, tanto en clases maxistrais como na rodaxe. Tamén recibiron a visita de Pepe Coira, creador galego de series magníficas, como Rapa e Hierro.
Publicidade
Este taller realizouse durante unha semana nesta localidade da Terra de Melide, contando coa colaboración do Concello de Sobrado, Restaurante-Cafetería Plaza, o Monasterio de Santa María de Sobrado, Pazo Casa Do Gado, Hotel San Marcus, utilizando localizacións naturais e colaboracións de habitantes da vila.
A película será enviada a festivais de todo o mundo, onde poderán desfrutar das estupendas interpretacións e o marabilloso escenario galego.
Kommentare