top of page

Sobrado dos Monxes acolle unha andaina o 13 de agosto

6 ago 2022
1 min de lectura

Actualizado: 7 ago 2022

Será de 10 quilómetros e de dificultade baixa


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O vindeiro sábado,13 de agosto, terá lugar unha andaina por Sobrado dos Monxes. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Portal, diante do Concello. Durará unhas 2 horas e media, ten unha dificultade baixa e unha lonxitude de 10 quilómetros.

O percorrido será pola contorna do mosteiro, a Lagoa de Millares, a Lagoa de Sobrado, a Carballeira da Casa de Gado e o Camiño de Santiago. Ao finalizar, terá lugar unha visita guiada ao Mosteiro de Santa María de Sobrado.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A inscrición é de balde e os interesados poden anotarse presencialmente na portería do mosteiro ou enviando nome e apelidos ao correo amigosmonasteriosobrado@gmail.com

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page