Sobrado celebra unha xornada de tradición con cantos de taberna e comida popular o 29 de marzo
- Laura Moure

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Sobrado
O municipio de Sobrado acollerá o vindeiro domingo, 29 de marzo, unha xornada festiva que combinará música tradicional, gastronomía e convivencia veciñal baixo o título Cantos de Taberna e Comida en Sobrado.

A programación dará comezo ás 12:00 horas na Praza do Concello coa bendición dos ramos e unha misa cantada pola Coral Vía Sacra. Xa a partir das 13:00 horas, distintos grupos musicais encherán as rúas de ambiente coa súa música tradicional, levando os cantos de taberna por diferentes puntos da localidade.
Publicidade
A continuación, celebrarase un xantar popular no edificio do Mercado Municipal, no que os asistentes poderán degustar un menú composto por callos, lacón asado e unha variedade de sobremesas.
A festa continuará pola tarde con novas actuacións musicais e outras sorpresas, prolongando así unha xornada pensada para todos os públicos.
PUBLICIDADE
O evento está organizado pola Asociación Cultural A Maristela, coa colaboración do Concello de Sobrado e da Deputación da Coruña. Dende a organización animan a veciños e visitantes a participar nesta iniciativa que busca poñer en valor as tradicións, a música popular e o encontro social.








Comentarios