Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O alcalde do Concello de Sobrado, Lisardo Santos, asinou un convenio coa empresa Rede Aberta para levar Internet de alta velocidade a todo o municipio.
Publicidade
Como avanza o rexedor, a previsión é que o 100 % do termo municipal conte con este servizo "esencial" en xuño de 2024.
Publicidade
A pesar de que a implantación da fibra óptica non é unha competencia municipal, Santos sinala que o goberno leva anos "traballando na busca de solucións para que todos os veciños e veciñas poidan dispoñer desta prestación, independentemente de onde vivan”.
Publicidade
Comments