Sobrado acolle unha cea para despedir ao párroco don Manuel Generoso García Pena
- Laura Moure
- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Sobrado
O pasado sábado celebrouse no restaurante O Real de Sobrado unha cea moi especial para darlle a despedida e expresar o máis sincero agradecemento ao querido párroco Manuel Generoso García Pena deste municipio e tal e como informa o propio Concello.

"Foron moitos os feligreses que quixeron acompañalo nesta ocasión tan significativa, compartindo risas, lembranzas e emocións nun ambiente de verdadeira fraternidade. Ao longo da noite sentíase a gratitude de toda a comunidade polo seu traballo, pola súa dedicación e, sobre todo, pola súa cercanía e bo corazón", sinala o ente local.
Tamén quixeron sumarse a esta homenaxe a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, o alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez, e o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, que transmitiron en nome dos seus concellos o recoñecemento e o afecto a don Manuel polo seu servizo e compromiso coa veciñanza.
Publicidade
Foi unha velada chea de emoción, na que non faltaron as palabras de cariño e os bos desexos para esta nova etapa que agora comeza. "Porque, aínda que marche, don Manuel deixará sempre unha fonda pegada nos nosos corazóns e nas nosas parroquias", apuntan.
Comentarios