top of page

Silleda volverá lucir a bandeira LGTBI nun acto aberto á veciñanza este venres, 26 de xuño

A enseña despregarase pola fachada da Casa Consistorial ás 18:30 horas, nunha convocatoria aberta ao público na que se agasallará ás persoas asistentes cunha bolsa

conmemorativa


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda volverá sumarse este venres, día 26 de xuño, á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI coa colocación da bandeira na fachada da Casa Consistorial. O acto terá lugar ás 18:30 horas e estará aberto á participación da veciñanza.

Durante a convocatoria, a bandeira LGTBI baixarase ao longo da fachada do consistorio como símbolo de apoio, respecto e compromiso coa diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas.

Ademais, as persoas asistentes recibirán como agasallo unha bolsa conmemorativa desta xornada, coa que o Concello quere contribuír a visibilizar unha celebración que reivindica unha sociedade máis libre, plural e inclusiva.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, anima á veciñanza a participar neste acto “sinxelo pero cargado de significado, co que queremos deixar claro que Silleda é un concello aberto, respectuoso e comprometido coa igualdade real”. Fernández subliña que “a bandeira LGTBI representa dereitos, liberdade e dignidade, pero tamén nos lembra que aínda queda camiño por percorrer para que ningunha persoa sexa discriminada pola súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero”.


Dende o Concello de Silleda incídese na importancia de seguir dando visibilidade á diversidade tamén dende o ámbito local, promovendo espazos de convivencia, respecto e inclusión. “Queremos que todas as persoas se sintan recoñecidas, respectadas e libres para ser quen son. Ese é o espírito deste acto e tamén o compromiso que debemos manter como sociedade todos os días do ano”, engade a alcaldesa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O Concello convida á cidadanía a achegarse este venres á Casa Consistorial e

 sumarse a esta conmemoración.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page