top of page

Silleda volve a destinar máis de 100.000 euros aos colectivos culturais, deportivos e veciñais

E outros 20.000 euros ás axudas á creación de emprego


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda destinará nesta anualidade de 2023 un total de 101.100 euros ás subvencións a colectivos culturais, deportivos e veciñais e/ou de participación social. Unha

cantidade histórica no municipio ao incrementarse xa nesta mesma contía o pasado ano a partida destinada aos colectivos veciñais. As bases das tres liñas de subvención, para financiar actividades de asociacións tanto culturais, como deportivas e veciñais e/ou de

participación social quedaron hoxe dictaminadas nas comisións informativas de cara á súa aprobación no vindeiro pleno ordinario que se celebrará este xoves día 26.


Nas deportivas repartiránse 35.000, nas culturais outros 58.000 (dos que 20.000 serán directamente para a Banda Municipal de Silleda e outros 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira) e as veciñais e de participación social outros 8.100 euros. As bases son moi similiares as de anos anteriores se ben se establece nas tres liñas únicamente a modalidade de actividades a subvencionar, logo de dous anos nos que por mor da pandemia, e para seguir apoiando aos colectivos, se introduxo a modalidade de adquisión de material.

Tamén se introduce como novidade nos criterios puntuables a realización de actividades para a mocidade, no caso das subvencións a entidades culturais e veciñais.


Axudas á creación de emprego

Outro dos asuntos dictaminados nas comisións, ademais do que será xa o V Plan de Igualdade, foron as bases das axudas municipais á creación de emprego, que tamén se incrementaron na anualidade anterior, cunha partida total de 20.000 euros.


A igual que na anualidade anterior, estas bases teñen carácter retroactivo, podendo beneficiarse persoas autónomas e empresas que iniciaran a súa actividade dende o 1 de novembro de 2022.


As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron xana convocatoria de 2021. Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600

euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros.


O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I. Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais.


Tanto nas subvencións a colectivos como nas de creación de emprego, as bases serán publicadas no BOP de Pontevedra, se ben o prazo de solicitudes non comezará a computar ata que se aprobé e publique a convocatoria das mesmas.


Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page