top of page

Silleda volve a destinar este ano máis de 100.000 euros aos colectivos culturais, deportivos e veciñais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As bases das tres liñas de subvencións para a realización de actividades debatiránse no Pleno ordinario de hoxe


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda destinará nesta anualidade de 2025 un total de 104.100 euros ás subvencións a colectivos culturais, deportivos e veciñais e/ou de participación social, ao igual que no exercicio anterior. As bases das tres liñas de subvención, para financiar actividades de asociacións tanto culturais, como deportivas e veciñais e/ou de participación social quedaron xa dictaminadas nas comisións informativas de cara á súa aprobación no pleno de hoxe, xoves (10:00 horas).

Nas deportivas repartiránse 35.000, nas culturais outros 58.000 (dos que 20.000 serán directamente para a Banda Municipal de Silleda e outros 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira) e as veciñais e de participación social outros 11.100 euros.


As bases son moi similares as dos últimos anos, se ben se introducen novos criterios de puntuación, como a participación doutros colectivos nas actividades ou o número de espazos públicos utilizados, no caso das culturais.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O prazo de presentación comezará a contar unha vez se publique a convocatoria.


A orde do día inclue tamén o anexo de subvencións nominativas e o Plan estréxico de subvencións para o presente exercicio.


En canto ás axudas nominativas, dende o executivo municipal propónse manter as cantidades da anualidade anterior con axudas ás dúas bandas de música (35.000 euros) ao deportista Christian Costoya (10.000) euros, á Asociación de Persoas Enfermas de Alzhéimer e outras demencias e as súas familias (AFAPO) con 20.000 euros, e outras 400 euros para cada unha das festas gastronómicas.


Na sesión ordinaria de hoxe tamén tomará posesión a nova concelleira do goberno, Estafanía Taín, que entra na Corporación sustituíndo a Antonio Ferro Losada.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page