top of page

Silleda trasladou á Subdelegación do Goberno alegacións técnicas ao proxecto do eólico Xestiloi

No termo municipal de Silleda está prevista a implantación de 7 dos aeroxeradores e unha das torres


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda remitiu o pasado 24 de xuño á Subdelegación do Goberno un informe técnico con observacións ao proxecto do Parque Eólico Xestiloi, promovido pola

empresa Betula Wind S.L. O documento foi elaborado en resposta ao requirimento desta

administración estatal, no marco da tramitación conxunta da Autorización Administrativa Previa e da Avaliación de Impacto Ambiental das instalacións proxectadas.

ree

O proxecto contempla a instalación de 14 aeroxeradores e dúas torres de medición entre os concellos de Forcarei e Silleda. No termo municipal de Silleda está prevista a implantación de 7 dos aeroxeradores e unha das torres, afectando ás parroquias de Xestoso, Graba, Refoxos e Siador.


No informe técnico elaborado polos técnicos municipais, sinaláronse diversas cuestións que deben ser aclaradas ou corrixidas por parte do promotor, logo de analizar a documentación remitida e a súa relación co ordenamento urbanístico e coas competencias municipais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Entre os aspectos destacados recóllese a localización de parte das cimentacións de dous aeroxeradores en zonas de solo rústico especialmente protexido polo PXOM de Silleda, como áreas de protección de espazos naturais, de augas ou de uso agropecuario e

forestal.


Así mesmo, prevíase a apertura de novos accesos sobre solo rústico sen xustificación suficiente, o que podería contravir a normativa urbanística autonómica. Tamén se detectou a ocupación de camiños municipais sen identificar nin avaliar correctamente.


En relación a protección de elementos patrimoniais detectase que no caso da mamoa do Coto do Lobo non se recolle correctamente o seu contorno de protección mais tan so se verá afectado polo acondicionamento dun vial existente. Non así coa Mamoa de Penido 5,

onde si se ve afectado o seu contorno de protección por una apertura de novo vial.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, tanto a memoria do proxecto como o estudo de impacto ambiental omitían calquera referencia ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Silleda aprobado en 2022, o que supón unha falta de coordinación co planeamento vixente.


A documentación relativa ao proxecto estivo sometida ao correspondente trámite de información pública, durante o cal o Concello presentou o seu informe técnico dentro do prazo legal establecido.


A administración local manterase atenta á evolución da tramitación do expediente e reitera o seu compromiso coa defensa do territorio, do medio ambiente e das competencias municipais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page