top of page

Silleda súmase á comunidade enerxética promovida pola Deputación co teito do pavillón municipal

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a súa adhesión ao convenio da Deputación de Pontevedra para a posta en marcha dunha comunidade enerxética local, na que se empregarán as instalacións do pavillón municipal César González Fares para a colocación de paneis solares.

ree

A iniciativa, impulsada desde a Oficina Provincial de Transformación Comunitaria +Renovables e financiada con fondos europeos Next Generation EU, ten como obxectivo fomentar a autosuficiencia enerxética, mellorar a eficiencia e avanzar cara a un modelo sostible e respectuoso co medio ambiente.


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destaca que con esta decisión “damos un paso firme para que Silleda forme parte desta rede de comunidades enerxéticas, aproveitando espazos públicos en beneficio directo da veciñanza”. “A creación desta comunidade enerxética é unha oportunidade para reducir custos, avanzar na transición ecolóxica e reforzar o noso compromiso cun futuro máis sostible”, engade


Fernández Pena lembrou tamén que Silleda xa conta coa Asociación Comunidade Enerxética Trasdeza, constituída a través do proxecto europeo EC4Rural, e incidiu en que a colaboración institucional é clave: “A cesión de espazos municipais, como o teito do pavillón, é a mellor mostra de como as administracións locais podemos impulsar proxectos transformadores cando contamos co apoio doutras institucións. Agradecemos á Deputación o seu compromiso por facilitar esta transición enerxética tamén no rural”.


Publicidade

ree

Ao mesmo tempo lamentou que no pleno do pasado mes de maio non saira adiante a participación do Concello na comunidade Enerxética Trasdeza ao non apoiar os grupos da oposición a entrada da entidade local. A comunidade enerxética de Silleda sumarase así ás que se están creando noutros concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, no marco da estratexia provincial para impulsar un novo modelo enerxético máis

participativo, social e sostible.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page