top of page

Silleda súmase polo Día Mundial sen Alcohol a unha campaña para previr o consumo en menores

Difundiranse cartaces entre os locais de hostalería e establecementos de venda


Laura Moure/Silleda

Con motivo do Día Mundial sen Alcohol, que se conmemora o 15 de novembro, o Concello de Silleda apoia a iniciativa de prevención do consumo de alcohol en menores de idade

promovida polo Grupo de Traballo para a Prevención do Consumo de Alcohol, no que participan todas as comunidades e cidades autónomas e que está coordinado polo Ministerio de Sanidade.

ree

O obxectivo principal desta iniciativa é sensibilizar sobre a importancia de evitar a venda de bebidas alcohólicas a persoas menores de idade, reducindo así o consumo de alcohol e os danos asociados. Estes danos non só afectan ás nenas, nenos e adolescentes, senón tamén ás súas familias, ao seu entorno máis próximo e ao conxunto da sociedade e da economía.


A colaboración das entidades locais é un piar fundamental para xerar contornos máis seguros, protectores e saudables para a infancia e a adolescencia. Por este motivo, desde o Concello de Silleda promoveranse e facilitaranse accións concretas nos comercios e establecementos do municipio onde se venden bebidas alcohólicas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así, colocaranse carteis oficiais da campaña en puntos visibles dos locais, para reforzar a mensaxe de prevención e responsabilidade. Tamén nos establecementos debe figurar o recordo da obriga legal de non vender nin dispensar alcohol a menores de idade e a recomendación de esixir identificación cando exista dúbida sobre a idade da persoa

compradora.


O Concello de Silleda fai un chamamento á colaboración de todo o tecido comercial e hostaleiro, así como das familias, centros educativos e entidades sociais, para que se impliquen nesta campaña e contribúan a protexer a saúde e o benestar da mocidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page