top of page

Silleda soluciona a falta de auga en O Castro e sinala que toda a localidade pode conectarse á rede

2 ago 2022
2 min de lectura

Nas últimas horas desviouse caudal da traída municipal para o depósito veciñal, a fin de dar unha resposta puntual e urxente


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa deu resposta á falta de auga na parroquia de O Castro que afecta a algunhas vivendas que só se sirven dunha traída veciñal. Para solventar este problema, utilizouse auga da traída municipal para dar servizo a dito depósito, de xeito puntual e como solución a esta situación apremiante. Dende o goberno municipal advírtese que a día de hoxe toda a parroquia de O Castro ten posibilidade de conectarse á traída municipal, polo que advirten á veciñanza que deberán de conectarse.

Así mesmo, dende o goberno municipal lamentan que os veciños non comunicaran previamente a situación ao Concello e acudirán antes aos medios de comunicación, xa que a falta de auga pudo terse resolto con anterioridade. “A auga é un ben único, necesario e esencial, e para dar solución a esta problemática utilizarase auga da traída municipal de xeito puntual, se ben as vivendas que están a ter este problema deberán conectarse á dita rede, porque nesta localidade si se dispón do servizo”, alerta o alcalde, Manuel Cuiña.


A traída municipal de Silleda está a funcionar con total normalidade, cas dúas bombas funcionando dende a estación de bombeo do río Deza. Así mesmo, á vista de que a situación de seca está a afectar a outros mananciais que surten traídas veciñais, dende o goberno municipal estase a deseñar un plan de actuación por se fose necesario trasladar auga aos depósitos, sempre priorizando o consumo humano e para atender aos animais.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste senso, nas últimas semanas o Concello –e ante a necesidade de racionalizar os recursos-cortou o rego en xardíns e rotondas, agás no caso de dúas zonas de tépex da rúa Progreso, por tratarse de zonas de escasa superficie que apenas consumen auga. Tamén se fai un chamamento á veciñanza para facer un uso responsable da auga, á vista das condicións climatolóxicas e da situación de seca xeralizada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page