top of page

Silleda segue a “exportar” o modelo da residencia de maiores ca visita do alcalde de Boiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa despertando o interese doutros municipios pola consecución da Residencia e Centro de Día de maiores. Así, despois de concellos como

Nigrán ou Mazaricos, o de Boiro tamén se interesou nos últimos días pola xestión e proceso para conquerir este destacado servizo. O alcalde da localidade do Barbanza, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, visitaron a residencia de maiores de Silleda acompañados do alcalde do municipio, Manuel Cuíña, a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, e persoal da residencia.

Durante a visita a Silleda, os dous rexedores reuníronse para coñecer como se realizou a execución do proxecto e como é o modelo de xestión da mesma. “En Boiro temos os terreos e queremos facer o proxecto para garantir unha residencia cunhas garantías de calidade e servizos para os nosos veciños e veciñas”, afirmou o alcalde, José Ramón

Romero, durante a visita.


O Concello de Boiro dispón de terreos para a construción da residencia, que foron postos xa a disposición da Xunta, en dúas localizacións distintas. Uns nunha zona semiurbana, na finca de Goiáns, e outros nunha zona urbana, a carón do parque da Cachada. Ademais, na

proposta orzamentaria realizada para o ano 2021 que se debaterá no pleno do vindeiro luns incluíuse unha proposta orzamentaria para a redacción do proxecto.


A residencia silledense, que se executou mediante a fórmula de concesión demanial, -cedendo o Concello os terreos á empresa que construíu e xestiona o centro por un periodo de 75 anos-inaugurouse en maio de 2019. Conta con 59 prazas residenciais e outras 20 do Centro de Día.


“Era un servizo moi necesario que despois de moitos anos de espera conseguimos sacar adiante con esta fórmula”, indica o rexedor Manuel Cuiña, amosando a súa satisfacción, “por poder servir de exemplo para abrir o camiño a outros municipios cun servizo “básico e primordial”, engade.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page