top of page

Silleda replantea o proxecto do skate park, ante a imposibilidade de acometer a cancha multideporte

No canto da pista, colocaránse elementos deportivos como canastas de baloncesto, en varios espazos públicos e renovarase distinto material deportivo


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar a modificación do proxecto para a dotación dun skate park e pista multideporte na praza Juan Salgueiro de Silleda. Esta modificación vén dada pola imposibilidade técnica de colocar a pista multideporte neste emprazamento, xa que o espacio onde estaba previsto dificultaba a práctica deportiva ao contar con desniveis no firme de pedra. Foi no momento da realizar a acta de replanteo cando se detectou este problema, polo que os técnicos emitiron informe negativo sobre a colocación da pista na praza.

Así, en lugar da pista, cos fondos correspondentes a esta instalación (algo máis de 18.000 euros) o Concello de Silleda apostará polo subministro de elementos deportivos, entre eles canastas de baloncesto, para instalar en varios espazos públicos de Silleda e da Bandeira, ademais de incluir nos fondos outros materiais de carácter deportivo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez que se modifique o proxecto, poderánse iniciar xa as obras de instalación do skate park, na praza Juan Salgueiro de Silleda, que foron adxudicadas no seu día á empresa Urbanismo Técnico Sostible S.L. O skate park, formado por varios módulos para esta practica deportiva instalarase na parcela municipal situada nas inmediacións da praza, ao carón da rúa Antón Alonso Ríos. A pista multideporte estará no espazo público xa existente da praza Juan Salgueiro, a modo de transición entre a propia praza e a zona axardinada. O prazo de execución dos traballos é de 2 meses.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O proxecto está financiado a través do Plan de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. “Con esta iniciativa damos resposta a unhas das instalación máis demandadas ao que tempo que seguimos mellorando os espazos públicos”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page