top of page

Silleda remite a Hidroeléctrica un escrito pedindo medidas urxentes para acabar cos cortes de luz

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de remitir á empresa subministradora de enerxía no termo municipal un escrito polos retirados cortes de luz dos últimos días. No escrito, ademais de pedir explicacións polos cortes, o Concello faise eco das numerosas queixas veciñais polos graves cortes da última semana (o último o pasado sábado pola mañá) que supoñen graves perxuizos para as persoas usuarias.

No escrito tamén se lembra que estos cortes afectan ademais á correcta prestación de servizos públicos. Ademais de pedir explicacións, pídese á empresa que se poñan os medios necesarios para evitar este tipo de situación, máis alá de incidencias inevitables que poderían ser entendibles (inclemencias meteorolóxicas, accidentes…).


“Solicitamos que á maior brevidade posible, nos ofrezan unha explicación a ditos cortes –máis alá do que poidamos coñecer polos medios de comunicación- e sobre todo, que se busquen as solucións pertinentes para tratar de que o servizo sexa da mellor calidade posible e non se volvan a producir estos cortes”, reza o escrito onde se lembra ademais a suba de precios do sector nos últimos meses.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page