top of page

Silleda remata as obras de remodelación dos aseos e o palco da parroquia de Breixa

Unha actuación realizada con cargo aos fondos do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, cun investimento de máis de 28.000 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de rematar as obras de remodelación dos aseos públicos e mellora do palco da música da parroquia de Breixa, unha actuación realizada con cargo aos fondos do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, cun investimento de máis de 28.000 euros.

Os traballos permitiron renovar por completo os servizos existentes, que presentaban un importante deterioro. A actuación incluíu a demolición da antiga construción situada na parte posterior do palco, realizada con bloques e cuberta de uralita, e a súa substitución por unha nova edificación en planta baixa con cuberta e acabado acorde co entorno. No novo espazo habilitáronse dous aseos, un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida.


No que respecta ao palco da música, levouse a cabo a limpeza e acondicionamento da estrutura existente, así como o pintado do conxunto e a habilitación dunha rampa lateral para mellorar a accesibilidade.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez finalizados os traballos, desde o Concello procedeuse á entrega das chaves dos renovados aseos á directiva da Asociación O Cruceiro de Breixa, entidade que xestiona as actividades sociais e festivas que se celebran neste espazo.


Desde o goberno municipal destacan que esta intervención responde a unha demanda histórica da veciñanza da parroquia, xa que as instalacións existentes presentaban importantes deficiencias e non cumprían coas condicións actuais de accesibilidade e funcionalidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A actuación permite mellorar notablemente este espazo público situado xunto á igrexa parroquial, que é un dos puntos de encontro da vida social e festiva da parroquia, especialmente durante as celebracións e actividades que se desenvolven ao longo do ano.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page