top of page

Silleda reforza a seguridade no entorno do CEIP e a escola infantil cun novo paso elevado

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de realizar a dotación dun novo paso elevado fronte a unha das entradas ao patio do CEIP Plurilíngüe de Silleda. Esta dotación, que xa fora anunciada meses atrás, vén a complementar outras medidas de seguridade viaria levadas a cabo en anos anteriores. O paso elevado, na rúa da Estación, foi asumido polo Concello de Silleda toda vez que dita vía foi transferida dende a Xunta á entidade municipal.

“Con este paso elevado, despois dos instalados na avenida recinto feiral e as melloras no último tramo entroncando xa ca rúa do Progreso, vense a reforzar toda a seguridade viaria nesta zona cercana aos centros educativos e recintos deportivos”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.

Obras do Plan Concellos

Por outra banda,continúan a bo ritmo as obras do Plan Concello que están en fase de execución. Así, ademais do acceso e a explanada do CEIP Ramón de Valenzuela, nos últimos días xa se executaron as obras do vial de Cabana (Moalde), dende a N-640; o vial de Vilar, entre Barral e Mazarelos; outras dúas en Ponte ata o límite ca Estrada; a de Barro, en Vilar ; outras dúas na parroquia de Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que dá acceso a varios lugares), así como a pista que vai dende a glorieta da avenida da Estación ao acceso ao recinto feiral.


Este plan de obras, cun investimento de máis de 500.000 euros e que foi adxudicado a Taboada y Ramos, continuará agora con novas actuacións en Carboeiro, Ansemil, Lamela, Dornelas, Cira, Taboada e Margaride, todas elas dotando aos viais dunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page