top of page

Silleda reforza a Policía Local cun novo vehículo adaptado para realizar atestados e informes in situ

A incorporación deste furgón mellorará a operatividade do servizo e o actual vehículo policial será reacondicionado para o departamento municipal de obras


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de incorporar un novo vehículo para a Policía Local, un furgón adaptado ás necesidades do servizo que permitirá mellorar de maneira notable a operatividade dos axentes no seu traballo diario.

A nova adquisición suporá un avance importante na prestación do servizo, xa que facilitará a realización de atestados, informes e outras dilixencias no propio lugar dos feitos, evitando desprazamentos innecesarios e permitindo unha resposta máis áxil e eficaz ante distintas incidencias.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con este novo vehículo, o goberno municipal continúa apostando pola modernización dos medios materiais da Policía Local, dotando ao corpo de ferramentas máis axeitadas para desenvolver as súas funcións en mellores condicións de seguridade, comodidade e funcionalidade.


O novo furgón ofrece un espazo máis adaptado para o traballo administrativo e técnico que en moitas ocasións deben desenvolver os axentes sobre o terreo, o que redundará nunha atención máis eficiente á veciñanza e nunha mellora xeral do servizo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ademais, esta actuación permitirá optimizar os recursos municipais, xa que o vehículo policial empregado ata o de agora será reacondicionado para incorporarse ao servizo municipal de obras, prolongando así a súa vida útil e favorecendo un aproveitamento máis eficiente do parque móbil do Concello.


A alcaldesa, Paula Fernández, que hoxe participou xunto co xefe da Policía, Antonio Gil, na recepción do novo vehículo, destaca que incorporación responde á vontade de seguir reforzando os servizos públicos municipais, mellorando os medios dispoñibles e adaptándoos ás necesidades actuais para ofrecer unha atención de maior calidade á cidadanía.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page