top of page

Silleda reforza a campaña “Non estás soa” arredor do 25N con accións de sensibilización e concienciación

Alumnado do IES Pintor Colmeiro visita a EDAR de Silleda dentro do programa STEMBach


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de poñer en marcha a campaña “Non estás soa”, con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na xornada de onte comenzaron a instalarse banderolas informativas na rúa Trasdeza e Silleda e na rúa do Parque da Bandeira co obxectivo de visibilizar a loita contra a violencia de xénero e difundir os recursos de apoio e atención ás mulleres vítimas desta lacra.


Esta acción pretende lembrar que existen servizos de axuda próximos e accesibles, entre eles o Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda, e que calquera persoa pode acudir a eles para recibir acompañamento, asesoramento e protección.

ree

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, sinalou que “con esta campaña queremos enviar unha mensaxe clara a todas as mulleres: non están soas. Hai profesionais, institucións e unha sociedade enteira disposta a axudar”.


A iniciativa complétase coas sesións de prevención de relacións tóxicas e control nas redes sociais impartidas recentemente no IES Pintor Colmeiro, dirixidas ao alumnado de 4º da ESO.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Estas accións forman parte do programa municipal arredor do 25N, que continuará ao longo da vindeira semana con novos actos de sensibilización e homenaxe ás vítimas da violencia machista. “A loita contra a violencia de xénero require implicación diaria, formación, empatía e compromiso colectivo. Queremos seguir traballando da man da comunidade educativa, das familias e da veciñanza para construír unha sociedade máis xusta e libre de violencia”, engadiu Fernández Pena.


Por outra banda, un grupo de alumnas e alumnos de 1º de STEMBach (Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía) do IES Pintor Colmeiro de Silleda visitou esta mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Silleda, no marco das actividades de divulgación científica e ambiental do programa.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Durante a visita, o alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento do sistema de depuración, os distintos procesos de tratamento físico, químico e biolóxico que permiten a recuperación da auga, así como o destino dos residuos que se xeran na planta.


A actividade estivo guiada por persoal técnico da instalación, que explicou o papel fundamental das EDAR na protección dos ecosistemas fluviais e no ciclo integral da auga, así como a importancia de facer un uso responsable e sostible dos recursos hídricos.

ree

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Requeijo, acompañou o grupo durante a visita e destacou “a importancia de achegar á mocidade o funcionamento dos servizos públicos vinculados ao medio ambiente, para comprender a súa relevancia e fomentar vocacións científicas e tecnolóxicas con conciencia ecolóxica”.


Esta actividade súmase á visita realizada polo mesmo alumnado o pasado mes de setembro á Rede de Calor con Biomasa, tamén en Silleda, consolidando o compromiso do Concello e do centro educativo coa educación ambiental e a promoción das enerxías renovables e sostibles.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page