Silleda recibe 8.900 euros do Plan +Provincia 2025 para melloras de seguridade e protección urbana
- Laura Moure

- hace 16 minutos
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro do Plan Máis Provincia, liña 1 de Investimentos, da Deputación de Pontevedra, por un importe de 8.953,39 euros, destinada ao financiamento da actuación denominada “Subministración de elementos de protección, seguridade e mellora urbana”.

A través desta achega, o Concello acometeu a adquisición de diverso material para o Departamento de Obras, en concreto elementos de protección e seguridade viaria, así como xardineiras cunha dobre funcionalidade: por unha banda, contribuír á mellora estética da contorna urbana e, por outra, previr o estacionamento indebido en zonas peonís.
Publicidade
Estas actuacións teñen como obxectivo incrementar a seguridade diaria nas vías municipais, especialmente nas pistas rurais e en determinados puntos do núcleo urbano, mediante a instalación de sinais, espellos e xardineiras que favorezan unha circulación máis segura, unha mellor visibilidade e a recuperación do espazo público para o seu uso axeitado.
A subministración incluiu a dotación de varadas de seguridade en viarios de Parada, Cortegada e Martixe; 6 espellos de seguridade para colocar en Silleda, Refoxos, Fiestras, Graba e Vilar; postes para ditos espellos, material de sinalización e 12 xardineiras instaladas no entorno da avenida Recinto Feiral e rúa Arturo Pérez Lázara.
PUBLICIDADE
Dende o Concello de Silleda sublíñase a importancia deste tipo de investimentos, que permiten seguir mellorando a seguridade viaria e a ordenación dos espazos públicos nomunicipio, atendendo tanto ás necesidades do rural como ás do núcleo urbano.








Comentarios