top of page

Silleda reafirma o seu compromiso coa igualdade no foro da FEGAMP

A alcaldesa Paula Fernández Pena alerta do avance dos discursos negacionistas e destaca a mocidade como clave na loita pola igualdade


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, participou no foro organizado pola FEGAMP sobre políticas municipais de igualdade, onde destacou a responsabilidade dos concellos na loita contra a violencia de xénero e na construción dun futuro máis xusto para a mocidade.


Fernández Pena advertiu do perigo de tratar a igualdade como un trámite ou unha acción puntual en datas conmemorativas. "Se utilizamos as políticas de igualdade simplemente para cubrir o expediente, estaremos errando e danando a moitas xeracións futuras", sinalou. A rexedora tamén alertou sobre o avance das mensaxes negacionistas que desacreditan a violencia de xénero e debilitan anos de traballo en sensibilización. "A igualdade non se decreta, constrúese día a día. Se unha moza non pode camiñar tranquila pola súa vila, se se lle cuestiona como viste ou normaliza relacións de control, significa que non fixemos ben o noso traballo", afirmou.

foto

Silleda, exemplo de políticas activas en igualdade

No encontro, a alcaldesa expuxo varias iniciativas impulsadas en Silleda para facer da igualdade unha realidade palpable. Entre elas, destacou o proxecto piloto de urbanismo, que se vai presentar no marco das acción 8M/365 en colaboración coa Universidade da Coruña, que busca crear espazos públicos máis seguros e accesibles, dende unha innovadora perspectiva de xénero.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén mencionou o programa Bolboretas, unha iniciativa dirixida a combater a indiferenza e os discursos negacionistas sobre a violencia machista, e a creación de Puntos Violeta nos centros educativos, que ofrecen información e apoio ao alumnado. Así mesmo, subliñou a importancia das Bibliotecas Feministas, do programa (In)Visibles, que dá visibilidade a referentes femininos locais, e do V Plan de Igualdade, que integra a perspectiva de xénero en todas as áreas municipais.


"Os avances en igualdade non chegan sós, senón con decisións políticas valentes e recursos reais. Nos concellos temos a responsabilidade de garantir que a mocidade non herde desigualdades, senón ferramentas para combatelas", concluíu Fernández Pena, quen participou na primeira mesa das xornadas xunto cas alcaldesas de Allariz, Maceda e Guitiriz.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page