Silleda reactiva o Plan Municipal de Voluntariado de cara ás actividades de Nadal
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 3 Min. de lectura
A rúa Santa Eulalia quedará aberta ao tráfico para as compras da Nadal
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de reactivar o Plan Municipal de Voluntariado coincidindo co inicio das actividades de Nadal, facendo un chamamento á veciñanza para participar tanto en accións de voluntariado social como no apoio a eventos e actividades que se intensificarán nos vindeiros días dentro da programación navideña.
Así, faise un chamamento a persoas dispostas a colaborar como voluntarias en eventos do Nadal, como a San Silvestre, a Cabalgata de Reis e outras actividades que se desenvolverán ao longo das vindeiras semanas, reforzando así o carácter participativo e comunitario da programación.
Publicidade
No ámbito social, o Concello mantén activa a campaña de voluntariado contra a soidade non desexada no Nadal, unha iniciativa posta en marcha no marco do Plan de Saúde Mental, que busca conectar persoas voluntarias con veciños e veciñas que se atopan en situación de soidade durante estas datas especiais.
Esta reactivación do voluntariado enmárcase no compromiso do Concello de Silleda coa saúde mental, o benestar emocional e a cohesión social, apostando por políticas públicas que promovan unha comunidade máis conectada, solidaria e participativa. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse poden contactar no teléfono 986 580 000, ou mediante as redes sociais oficiais do Concello.
Por outra banda, o Concello de Silleda abrirá ao tráfico nos próximos días a rúa Santa Eulalia, por onde comezaron as obras do proxecto de mellora e humanización da Avenida do Parque de Silleda, logo de habilitarse un carril provisional de circulación. As obras neste primeiro tramo arrancaron o pasado 15 de novembro, cortándose o tránsito e permitindo só acceso a residentes para os garaxes. Agora, e a fin de de facilitar o tránsito nestas datas festivas e o acceso a comercios, o tráfico quedará aberto na rúa Santa Eulalia despois da fin de semana.

De maneira provisional o carril de circulación será en dirección á rúa María Colmeiro, se ben dende o Concello se está a estudar cal será o sentido do tráfico en toda esta zona, unha vez rematados os traballos.
Na zona de Santa Eulalia haberá un primeiro tramo na zona da igrexa con prioridade peonil e o resto da rúa permitirá o estacionamento nas dúas marxes. Ademais, dende o Concello lémbrase que xa existe o compromiso cunha familia propietaria para contar cun estacionamento no entorno desta rúa, e se están traballando para conseguir máis zonas extras de aparcamento no ámbito da igrexa.
Publicidade
A actuación forma parte do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na Avenida do Parque e entorno da Igrexa”, que suporá unha profunda renovación urbana deste espazo, incluíndo a creación de novas zonas verdes e peonís, o soterramento do cableado, melloras na iluminación pública e a revalorización da contorna da Igrexa de Silleda. Na zona de Santa Eulalia humanizarase o tramo dotandoo dunha estructura a modo de auditorio ao aire libre e permitindo o estacionamento en ambas marxes dende a rúa María Colmeiro ata o calexón da igrexa.
A execución do proxecto iniciouse en Santa Eulalia para non interferir nos eventos previstos do Nadal, como a carreira de San Silvestre ou a cabalgata de Reis. “Estamos ante unha obra que mellorará a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza, convertendo esta avenida nun espazo máis moderno, verde e pensado para as persoas”, subliñou Fernández Pena.








Comentarios