As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro día 22
Laura Moure/Silleda
A Concellería de Igualdade de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, está a ultimar a programación de distintas actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se comenmora o vindeiro 25.
Entre ditas actividades, que se programarán a través do Centro de Información á Muller (CIM) figura unha andaina contra a violencia machista ata o mosteiro de Carboeiro, baixo o lema 10 kilómetros de respecto, que terá lugar o domingo 28 de novembro próximo. O percorrido partirá ás 10:00 horas dende a praza da Igrexa de Silleda e á chegada das persoas participantes lerase un manifesto contra a violencia de xénero.
As persoas que desexen participar deben inscribirse ( o prazo remata o día 22). Poden facelo a través do teléfono (986 592 037) ou a través do enderezo electrónico cim@silleda.es
O alcalde viaxa a Burgos
Por outra banda, o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, participa estes días en Burgos na II Asamblea da Rede de Entidades Locais pola Axenda 2030, da que tamén forma parte o municipio. A asamblea contará con varias xornadas ata mañá venres convertindo á cidade de Burgos na capital do municipalismo e as políticas de desenvolvemento sostible, acollendo ademais o Consello de Goberno da Rede de Cidades Saudables e un Foro sobre Mobilidade Sostible.
A asamblea está organizada pola FEMP, a Deputación de Burgos e o Concello anfitrión e nela levarase a cabo xornadas divulgativas sobre a acción dos gobernos locais no marco da Axenda 2030 para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A asamblea terá lugar hoxe, venres, no Fórum Evolución Burgos onde se celebrarán ademais da xuntanza de municipios de toda España, mesas redondas de interese a nivel municipal.
Cuiña, que forma parte dunha das comisións da FEMP, destaca que este tipo de xuntanzas serven para poñer en común estratexias e divulgar accións necesarias e preceptivas que os gobernos locais deben levar a cabo nos próximos anos.
Comments