Silleda presentará ao PON2030 a mellora da mobilidade e da seguridade na zona deportiva-escolar
- Laura Moure

- 12 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Este é un programa da Deputación e con esta actuación o Concello busca humanizar e rexenerar tamén a Avenida Recinto Feiral e a Rúa Arturo Pérez Lázara
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda concorrerá ao programa PON2030, que vén de convocar a Deputación de Pontevedra, cun proxecto para mellorar a mobilidade peonil e reforzar a seguridade no entorno da zona deportiva-escolar de Silleda. Esta convocatoria extraordinaria de grandes obras de infraestruturas e dotacións municipais (cun total de 22 millóns de euros) contempla a posibilidade de actuar sobre espazos públicos, cumplindo cos obxectivos da Axenda 2030, entre os que figura a recuperación e mellora de espazos
seguindo os parámetros da Rede Ágora, da que forma parte o Concello de Silleda.

O proxecto, que xa está a redactarse, supón a rexeneración urbana do tramo da avenida Recinto Feiral, á beira do que se sitúan o CEIP Plurilíngüe de Silleda e o pavillón municipal “César G. Fares”, así como na rúa Artúro Pérez Lázara, onde se ubica o estadio municipal de fútbol de Outeiriño, e o seu entorno, tamén ca Escola de Música Municipal.
“Trátase dunha zona con moito tránsito pola gran cantidade de persoas que acoden as diferentes actividades, polo que consideramos fundamental reforzar a seguridade neste ámbito”, indica o alcalde Manuel Cuiña.
Este programa súmase así a outros como DepoRemse, co que se actuou na rúa da Chousa Nova, ou o Reacpon, co que se está a construir a nova Casa Consistorial, cunha dotación de máis de 700.000 euros. Dende o Concello de Silleda tamén se ten presentado á última
convocatoria da Rede Ágora outro proxecto para redactar un esquema similar na zona de Outeiro e a rúa Antón Alonso Ríos.








Comentarios