top of page

Silleda presenta o novo programa de Igualdade “(IN)VISIBLES: DOCE MESES, DOCE MULLERES”

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Con esta proposta preténdese visibilizar a 12 mulleres silledenses, unha por cada mes


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Igualdade, dirixido por Ángela Troitiño, vén de poñer en marcha un novo programa para visibilizar a pegada e o legado que deixaron e deixan as mulleres na sociedade silledense. Para iso, cada mes deste ano 2024, nas redes sociais do concello publicarase unha fotografía e breve biografía dunha muller do municipio, que destaque por algún aspecto da súa historia vital, sexa a nivel persoal ou laboral.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“(IN)VISIBLES: DOCE MESES, DOCE MULLERES” comeza en xaneiro con Nieves Esther Taboada Méndez, unha muller de 105 anos, que tivo a honra de inaugurar o novo consistorio o 11 de novembro de 2023, xunto coa veciña máis pequena do municipio naquel momento.

Nieves Esther Taboada o día da inauguración do Consistorio. Autor: Ecos da Comarca.

A misión deste programa é visibilizar a aquelas mulleres cuxas voces semellaban estar silenciadas, pero que nunca o estiveron realmente, sendo o sostén fundamental do descorrer da vida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Sen as mulleres o mundo rural non existiría, xa son parte da súa columna vertebral. “Cada muller rural é única na súa realidade, a súa historia, os seus desexos e as súas aspiracións, e o risco de estereotipar a súa realidade é parte da invisibilización”, indica a concelleira Ángela Troitiño.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Porén, non só se destacarán mulleres rurais, senón tamén as que vivan en zonas urbanas. Deste xeito, mulleres silledenses de diferentes ámbitos profesionais (escritoras, agricultoras, deportistas, gandeiras, coidadoras, artistas, científicas, autónomas, artesás…) serán as protagonistas de cada mes durante este ano, creando así tamén referentes para a poboación máis nova.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page