top of page

Silleda porá en marcha con Cruces o proxecto Deza Circular, sobre o emprego na economía forestal

15 abr 2022
2 min de lectura

Ten como obxectivo capacitar, orientar e insertar a persoas desempregadas en servizos innovadores do aproveitamento forestal


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda porá en marcha nas vindeiras semanas o proxecto denominado Deza Circular, unha aposta para capacitar e orientar para ao emprego a persoas desempregadas no ámbito da economía forestal circular. Esta inicativa, que conta co

apoio do veciño municipio de Vila de Cruces, ten como obxectivo capacitar, orientar e insertar a persoas desempregadas en servizos innovadores do aproveitamento forestal. Así, realizaránse distintas accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular, así como no turismo sostible dos espazos naturais destas localidades.

O proxecto, cun orzamento de 78.336,20 euros, é un dos poucos da provincia que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad, a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, e conta apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.


Deza Circular consta de tres tipos de accións. Así, ademais dunha acción formativa, realizaránse outras dúas centradas na innovación social. Poderán participar as persoas desempregadas de calquera idade e con calquera nivel formativo previo. A formación presencial en aproveitamentos forestais e o acondicionamiento de espazos verdes céntrase en ofrecer coñecementos teórico-prácticos para o desemeño de perfís profesionais relacionados con actividades de conservación e mellora do monte e espazos verdes.


Así mesmo, a acción denominada Deza Recupera ofrecerá prácticas específicas orientadas á empregabilidade en conservación forestal e turismo sostible, a o tempo que se levarán a cabo accións de mellora e recuperación de espazos naturais protexidos pertencentes á Red Natura 2000 do Concello de Silleda, caso das Brañas de Xestoso ou o

Sistema Fluvial Ulla-Deza, no que se inclúe o sendeiro do río Deza que comparten Silleda e Vila de Cruces.

A acción Deza Orienta encargarase de acompañar e de orientar para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas formadas no programa, así como de fomentar o desenvolvemento de novas liñas de negocio sostibles en empresas da zona que faciliten a contratación das persoas formadas. As actividades vanse executar na súa maior parte de xeito presencial no municipio silledense, e parte das accións de orientación e capacitación para o emprego na modalidade on-line.


Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, ou chamando ao 986 580 000, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page