Silleda pon en marcha un programa de recuperación dos palcos das festas nas parroquias
- Laura Moure

- hace 5 horas
- 3 Min. de lectura
A iniciativa busca conservar estas estruturas tradicionais, parte esencial da identidade e da historia local
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de poñer en marcha un novo programa de recuperación e mellora dos palcos dos campos de festas nas distintas parroquias do municipio, unhas construcións que, máis alá da súa función, forman parte do patrimonio tradicional e da memoria colectiva de cada lugar. “Estes palcos son moito máis ca simples construcións: son espazos de encontro, de festa e de identidade colectiva, que forman parte da historia viva das nosas parroquias, e que debemos coidar e conservar” di a alcaldesae responsable de obras, Paula Fernández Pena, mentras explica que o programa se irá dividindo por fases en función da dispoñibilidade tanto económica como de persoal. “Temos en marcha xa a primera fase que inclue actuacións xa realizadas nos palcos de Breixa, Abades, e Martixe-Ansemil, e que continuará en Saidres, Cira e Carboeiro”, engade.

Así pois, tras a recente actuación integral no palco de Breixa, o goberno municipal continou cos traballos no palco de Abades, onde tamén se levou a cabo a retirada de ramas que estaban a provocar o seu deterioro e a súa limpeza integral. Ademais, realizouse a preparación da cuberta mediante o pasivado das armaduras que quedaban á vista e a aplicación dunha capa de impermeabilización para garantir a protección da estructura. “Trátase de obras de mellora tanto estética como estructural e funcional, para que se conserven durante moitos mais anos”, sinala a rexedora.
O programa inclúe tamén actuacións noutras parroquias como Martixe-Ansemil, onde, ademais dos tratamentos de protección da estrutura, se está a proceder ao enfoscado de todos os paramentos exteriores co obxectivo de mellorar a súa integración estética e eliminar o impacto visual derivado dos bloques vistos. “A mellora estética no noso rural pasa tamen por unha boa conservación das construccions de titularidade municipal. Temos que dar exemplo”
PUBLICIDADE

Na parroquia de Saídres está previsto actuar tamén na cuberta do palco, empregando o mesmo sistema para evitar que continúe o seu deterioro. Neste caso, o Concello conta coa colaboración da veciñanza, que se encargará posteriormente do acabado interior, unha implicación que a alcaldesa quixo agradecer expresamente, xa que “a colaboración veciñal é clave para moitas das actuacións que facemos, sobre todo, por que a xente aínda se vai sentir máis orgulloso do seu” .
Esta colaboración veciñal xa foi clave noutras actuacións recentes, como no caso de Cira, onde o pasado ano se levou a cabo a pintura completa da estrutura do palco grazas precisamente a colaboración directa cos veciños e veciñas. Precisamente nesta mesma parroquia estanse a executar nestes momentos, traballos de mellora da zona colindante do palco, os traballos acondicionándose a marquesina que da acceso ao centro social que ten unha estrutura similar aos palcos, que inclúen unha limpeza en profundidade, a
impermeabilización da cuberta e a reparación de gretas e desconchados.
Publicidade
O programa terá continuidade co palco de Carboeiro, onde, debido ao avanzado estado de deterioro da estrutura, será necesario proceder a demolición da estructura de cubrición, ao non resultar viable a súa reparación. Unha vez finalizados estos traballos, continuarase coa revisión e posta a punto do resto de palcos do municipio, que serán obxecto de actuacións de limpeza progresiva e avaliación das súas necesidades máis inmediatas de reparación.
Todas estas actuacións están a ser coordinadas en colaboración cos colectivos de veciños e veciñas de cada parroquia, favorecendo a implicación directa da cidadanía na conservación destes espazos.







Comentarios