top of page

Silleda pon en marcha un curso intensivo de español para persoas inmigrantes adultas

As inscricións son gratuítas e poderán realizarse a partir deste luns 19 de xaneiro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza un novo curso no marco do programa Anduriña, de alfabetización e inserción sociocultural dirixido á poboación inmigrante adulta, unha iniciativa impulsada polo departamento de Benestar Social co obxectivo de favorecer a inclusión, a autonomía persoal e a participación social das persoas inmigrantes asentadas

no municipio.

O curso, de español intensivo dará comezo o 28 de xaneiro e desenvolverase ata o 27 de febreiro, aínda que existe a posibilidade de ampliar a súa duración no caso de que haxa demanda. As sesións impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 13:30 horas, na Casa da Xuventude de Silleda.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A actividade está dirixida a persoas inmigrantes adultas residentes no concello e ten como finalidade mellorar as competencias básicas de lectoescritura, así como facilitar o coñecemento da contorna, dos recursos municipais e da realidade sociocultural de Silleda, favorecendo así a súa integración plena na vida comunitaria.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As inscricións son gratuítas e poderán realizarse a partir deste luns 19 de xaneiro, tanto de maneira presencial no Departamento de Benestar Social como a través do teléfono 986 59 20 37.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Silleda, que a través do Programa Anduriña vén organizando clases de español e galego (tamén para persoas inmigrantes menores) destácase a importancia deste tipo de accións formativas, que forman parte dunha estratexia máis ampla de apoio á diversidade e á convivencia, reforzando o compromiso municipal cunha sociedade máis

inclusiva, cohesionada e igualitaria.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page