top of page

Silleda pon a disposición dos establecementos lonas reutilizables con lemas navideños

9 oct 2022
1 min de lectura

Con esta iniciativa búscase unificar a imaxe do sector na campaña de Nadal, en colaboración co sector e poden solicitalas ata o día 15


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Comercio, que dirixe Pili Peón, pon a disposición de todos os establecementos comerciais e hostaleiros lonas decorativas para a

campaña de Nadal. Con esta proposta, enmarcada na colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), búscase dar as vilas do municipio unha imaxe unificada durante a campaña. “A temática elixida este ano para a decoración das vilas, que substituíra ao alumeado de Nadal, combinada coas lonas conseguirá crear un ambiente único que agardamos promova e estimule á veciñanza a mercar no comercio local de Silleda, ademais de convertir as rúas no noso centro comercial”, indica a concelleira.

As lonas serán verticais e estarán impresas por unha cara cun lema e un fondo alusivos ás datas navideñas e terá unhas medidas de 400 x 2000. Contarán cunha barra de madeira superior e inferior para facilitar a súa colocación.


Así mesmo, este elemento decorativo realizarase nun material duradeiro para que poida ser utilizado durante varias campañas “poñendo así o noso grao de area no coidado do medio ambiente”, engade Peón.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Todos os establecementos interesados en participar, poden solicitar as lonas ata o vindeiro día 15 chamando ao número de teléfono, 986180 239 ou enviando un mail a comercio@silleda.gal

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page