top of page

Silleda pide respectar asinalización nas obras na Ponte da Pedra e evitar o paso de vehículos

O paso peonil para veciñanza e peregrinos continúa aberto


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda solicita á cidadanía que respecte a sinalización instalada na Ponte da Pedra e que non circule con vehículos por este paso no que se está a executar obras de mellora promovidas e financiadas polo Xacobeo. A actuación, iniciouse nos últimos meses no marco da mellora deste elemento patrimonial situado no Camiño de Santiago, que conecta as parroquias de Chapa e Negreiros. Durante a execución dos traballos, detectáronse problemas estruturais non previstos no proxecto inicial, o que motivou a paralización das obras por parte da entidade promotora.

Actualmente, o Xacobeo está a redactar un modificado do proxecto para incorporar novas actuacións que garantan a seguridade da ponte. Entre elas, inclúese a renovación completa do pavimento, xa que as pedras existentes non cumpren cos requisitos necesarios de seguridade segundo os criterios técnicos da propia actuación.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Así mesmo, a sinalización existente e a prohibición de paso de vehículos foron establecidas no marco desta suspensión temporal dos traballos, que se espera que se retomen nas vindeiras semanas unha vez aprobado o modificado dos traballos


Mentres non se aprobe este modificado e se retomen os traballos, manterase a restrición ao tráfico rodado. O tránsito peonil continúa permitido, polo que veciñanza e peregrinos poden seguir empregando este paso con normalidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Dende o Concello de Silleda, que está en contacto co Xacobeo para facer seguimento da situación, faise un chamamento á responsabilidade e á colaboración da cidadanía para respectar as indicacións existentes e evitar riscos innecesarios.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page